OFERTA DE EMPREGO

Precísase docente autónomo/a para impartir os módulos transversais dos cursos AFD “ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA” e “INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES” que o Concello de Tomiño está levando a cabo no seu centro homologado O Regatiño – Concello de Tomiño. Os devanditos módulos son:

  • Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero. (Código FCOO03). Cunha duración de 10 horas.
  • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica. (Código FCOXXX05). Cunha duración de 8 horas.

Os requisitos que deberán posuír os/as interesados en impartir os devanditos módulos transversais serán:

  • Ser autónomo/a.
  • Para o módulo de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, acreditar como mínimo 150 horas de formación en materia de xénero ou experiencia profesional ou docente en materia de xénero.

Os/as interesados poden enviar o seu currículo profesional ao enderezo tle@tomino.gal.

Prazo límite para o envío 29/07/2016.