Excelentes resultados para os Teixugos no Campionato Galego de Promoción de Slálom

14115413_1180306115352887_3231910775656965724_oEste domingo celebrouse en Ribadumia o Campionato Galego de Promoción de Slálom. Esta é a máis importante das competicións que conforman a Liga Galega de Promoción de Slálom, nela participan nenas e nenos das categorías benxamín, alevín e infantil.

Sete foron os “teixuguiños” que acudiron a cita. Ariadna Pereira, invatible esta tempada, foi campiona galega en C1 e K1 infantil. Sergio Martínez, na categoría alevín, foi segundo tanto en K1 coma en C1. Na mesma categoría, Samuel Castro proclamouse campión galego en C1. Ainhoa Barreiro, tamén alevín, quedou segunda en canoa e campiona galega en caiac, a súa compañeira de categoría, Alba Soutelo, foi segunda en K1 e campiona en C1. En K1 benxamíns Adrián Lluch rematou quinto e Haritz Serrano sétimo. Inmellorable o balance final para o Club Deportivo Miño-Teixugos,con catro campións galegos, que lle valeron un segundo posto na clasificación final por equipos.

14053825_1180306385352860_2577626933915450361_o14102903_1180306872019478_7695077642510878780_o

Informa: Rosa Fernández Carrera