Aberta a inscrición para un novo curso da ESO a desenvolverse entre os meses de outubro e maio

O prazo de inscrición comeza o día 23 e remata o 30 de setembro. As solicitudes deben presentarse, con copia do DNI no propio Concello

O día 23 de setembro ábrese o prazo para inscribirse nun novo Curso da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) que organiza o Concello de Tomiño, entre os meses de outubro de 2016 e maio de 2017.

O prazo de matrícula remata o día 30 de setembro, para comezar as clases no mes de outubro, logo da realización duns cuestionarios, que se farán o día 4 de outubro ás 19.00 horas na antiga Escola Obradoiro de Goián.